segunda-feira, 20 de junho de 2005

Maioria para a mudança na Galiza

A maioria eleitoral pronunciou-se nediamente a favor da mudança de governo. 100.000 votos mais apoiárom o PSOE e o BNG que o PP.

Se Galiza fosse círculo eleitoral único, o apoio à mudança ficaria mais claro ainda no reparto de assentos: PP 35, PSOE 25, BNG 15.

O BNG, que se pugera na sua última Assembleia Nacional a meta de conseguir nestas eleições o primeiro presidente nacionalista, para o qual fora substituído Beiras por Quintana como candidato, longe de conseguir o seu objectivo, continua a sua fase descendente e passa a ser terceira força parlamentar com 13 deputados, os mesmos que em 1993, perdendo para as próximas eleições gerais o senador por designaçom autonómica (actualmente o próprio Quintana).

Nos próximos tempos haverá que decidir se é legítimo que decidam os emigrantes (mas nom todos) o governo de Galiza, como já explicamos aqui e estes resultados eleitorais evidenciárom. Se nom acontece isso desta vez e a mudança que se quer na Galiza nom é impedida desde fora, o nosso país começa a transiçom que ainda nom tivo.

Contodo, mau começo tem Touriño, afirmando que Fraga foi um "digno presidente". Ainda bem que a militáncia do PSdG-PSOE apupou semelhante esbardalhada.

7 comentários:

Félix disse...

Moi boas, Jose Manuel.

En primeiro lugar, felicitacións polo blog.

Agora todo son lamentacións. Que se os escanos fragmentados por provincias (incluída a quinta, que aínda está por decidir), que se os emigrantes... que se bla, bla, bla...

Eu, personalmente, non creo que haxa que deixar aos emigrantes fóra das votacións (quen decide quen sabe ou non sabe? quen decide os que están capacitados para votar ou non?), outra cousa é o que pasa cos galegos que están noutras rexións de españa... cousa complicada de resolver.

En canto ao comentario de digno presidente de Touriño. Está claro que fixo un discurso de futuro presidente da xunta. Esas palabras confirman ao cento por cento que está a pensar en ser presidente. Eu lembro perfectamente a Zapatero falar ben de Aznar, a Gallardón de Manzano... e así sempre... E que é unha maneira de dar importancia ao propio nombramento como presidente, se non fora así, que mérito tería gañar?...

Eu, realmente estou moi descontento con estes resultados. Levo con este sentimento unha morea de anos. E agora a esperar unha semana, pero dame a min no corpo que isto está perdido. O propio Fraga asegurou que o 70% dos votos da emigración eran para o pp (como se pode saber isto?).

Bueno, Jose Manuel, a ver se temos ocasión de tomar un cafeciño, ou xa non andas por Madrid?

Saúdos,

Félix.

J. Manuel Outeiro disse...

Olá Félix e obrigadinho.

O de deixar fora os emigrantes é o que já está a acontecer agora: é o meu caso. Digo eu que, ou participamos todos, ou nengum. Nom penso que seja tam complicado habilitar métodos para permitir a participaçom dos galegos emigrados no Estado. Umha possibilidade é criar um terceiro censo, e haverá decerto mais fórmulas. E há que lembrar que muitos dos que votam agora no CERA nom som emigrantes, senom filhos ou netos de emigrantes. E este tema muitos já o temos tratado antes destes resultados. Recomendo ler o Cabrafanada.

Félix disse...

Ola.

Coñezo o Cabrafanada. Graciñas de tódalas maneiras.

Eu estou na mesma situación. E penso coma ti no sentido de que habería que chegar a fórmulas para que poidamos votar. O que me chama a atención é que se proteste por unha situación porque non se está dacordo co efecto que produce. E, de certo, que se eu fora emigrante en Arxentina ou calquera parte do mundo, ou fose fillo, estaría moi gustoso de participar nas eleccións, e dá igual a ideoloxía que nos mova a cada un.

O que me parece triste é que en Galicia, que é onde se percibe de maneira directa, para ben e para mal, o efecto dos políticos que gobernan, se siga votando a un dinosaurio desta calaña.

Pero claro, está é a miña opinión. Que non ten porque ser mellor que a dos que, co seu voto, deciden aos que nos gobernan durante os catro próximos anos.

Por certo. Eu tiña a esperanza de que o bng mantivera os seus votos, pero o certo é que os datos din claramente que perdeu votantes (en tódalas provincias), aínda que subiu a participación, non só foi unha cousa de porcentaxes. Unha moi profunda reflexión ten que producirse agora mesmo no bng.

Anónimo disse...

Nom reparara... Perdeu o senador autonómico? Nom tal. Ao governo da Junta corresponderiam-lhe dous senadores, e ao PP como oposiçom apenas um. Como o governo som PSOE e BNG, correspondem-lhes um senador a cada um deles. É dizer, 1 PP, 1 PSOE e 1 BNG. Isto já se tem feito assi noutras CC.AA. (Euskadi, Catalunya, Andalucía).

J. Manuel Outeiro disse...

Obrigado polo contributo, mas eu nom vejo este assunto mui claro. A eleiçom dos senadores por designaçom do Parlamento Galego fai-se «de forma proporcional à representaçom das distintas forças políticas existentes» nesse parlamento (artigo 10.c do Estatuto de Autonomia). Acho que um reparto dos 3 senadores de forma porporcional à actual distribuiçom de assentos (PP 37, PSOE 25, BNG 13) seria PP 2 PSOE 1.

Anónimo disse...

José, é tam proporcional PP 2, PSOE 1 como PP 1, PSOE 1 e BNG 1. No primeiro caso aplicas a regra d'Hondt, no segundo outras das muitíssimas que há. Até agora, o PP nom gostou de aplicar "a segunda regra". Mas se a soma de PSOE+BNG som 38, e som governo, o lógico e Governo 2, Oposiçom 1, e nom Oposiçom 2 e Governo 1, nom achas? Como é absurdo que o PSOE leve os dous senadores, o lógico entom e que levem PSOE e BNG cadanseu senador.
E suponho que no PSOE nom serám tam parvos de dar ainda mais contributo a larguísima maioria que já tem o PP no Senado.

J. Manuel Outeiro disse...

Obrigado novamente. Esse reparto seria com efeito interessante. Veremos como evolui este assunto.